Vivenda de Uso Turístico · VUT-LU-001199

Casa Paulo · Natureza e tranquilidade en Galicia

Benvidos a Casa Paulo, unha vivenda de uso turístico tradicional pensada para ofrecerche descanso, natureza e autenticidade.

Presentación

Son unha casa tradicional galega, con fachada de pedra e tellado de lousa. Nacín a finais do século XIX, construída por “Os Canteiros de Luaces”, e déronme o nome de Casa de Paulo. Durante anos, acompañada de Pulida —a vaca da casa—, dediqueime aos labores do campo. A mediados do século XX, Pulida marchou, e recentemente recibín un merecido lavado de cara, con enchufes, billas e comodidades que antes non tiña.

Agora quero que veñas.... ¡de “vacas”!

Capacidade e distribución

  • Capacidade máxima de 7 persoas en tres habitacións.
  • Habitacións con posibilidade de engadir cama individual.
  • Planta alta: 2 habitacións dobres, 1 baño e sala de estar.
  • Planta baixa: cociña, comedor, 1 habitación dobre con sala e baño.
  • Palleira: con salón e comedor con lareira/cheminea, ideal para reunións familiares.

Exterior

💧 Pozo artesán
🏡 Alpendre
🥖 Forno de leña
🥩 Barbacoa
🌳 Xardín
🚗 Aparcadoiro

Equipamento

📺 Televisor
🍽️ Lavavaixelas
🧊 Frigorífico
🧺 Lavadora
👔 Ferro de pasar
🍳 Cociña (4 lumes)
🍲 Microondas
🍴 Menaxe completo

Servizos

  • 🐾 Admítense mascotas
  • 🌲 Contorno illado, ideal para o descanso e a tranquilidade

Localización

Casa Paulo atópase en Galicia na provincia de Lugo, dentro da reserva da biosfera "Terras do Miño", no xeodestino turístico Ancares Terras Burón, concello de Pol. A só 1,5 km de Mosteiro, que dispón de centro de saúde, farmacia, supermercado, panadaría, bancos, bares e restaurantes.

🏊 No verán hai piscina municipal a 2 km.

Lugares próximos

• Castro de Viladonga – 7 km
• Castroverde – 15 km
• Meira – 15 km
• Baleira – 15 km
• Lugo – 25 km
• A Pontenova – 35 km
• Mondoñedo – 47 km
• Ribeira Sacra – 50 km
• Ribadeo – 65 km

Transporte

Bus: Liña Lugo - Meira (bus.gal)
Taxi: Praza Galicia (Mosteiro), Tel: 680 288 260

Aeroportos próximos

  • Alvedro (A Coruña): 108 km
  • Lavacolla (Santiago de Compostela): 121 km

Casa Paulo

Vivenda de Uso Turístico · Licenza VUT-LU-001199

📧 Email: luis@casapaulo.com

📞 Teléfono e WhatsApp: +34 644 784 685

🗺️ Google Maps: Google Maps Abrir localización

Tamén dispoñible en plataformas: